Hockey liña
Xa constituido o club formáronse as súas seccións.
Así mesmo foi como xurdeo a idea de facer equipos de hóckey liña, xuntando nenos e nenas, homes e mulleres. Fixéronse grupos e aparecen así os equipos de hóckey liña LÓSTREGOS.
O equipo creouse como se dixo, pola ilusión dun grupo de amigos por xogar ó hóckey en liña e hoxe xa temos un palmarés que, na súa orixe, ninguén pensaba que chegariamos a ter:
- Participación en torneos fora de Galiza: Medina do Campo (Valladolid), León, Xixón. Estes torneos repítense anualmente e nós temos a sorte de que conten connosco. Aproveitamos estas páxinas para agradecérllelo.
- Participación en torneos locais.
- Participación na PRIMEIRA COPA DE REI DE HÓCKEY LIÑA, chegando a pasar á segunda fase, con equipos de 1ª división no panorama do HL nacional.
- Colaboración na organización e desenvolvemento do CAMPIONATO DE ESPAÑA DE HL FEMININO que tivo lugar en Lugo, os días 22, 23 e 24 de abril de 2005 , mesmo co deseño do cartel que foi feito por Matalobos, membro do noso club.
- Participación dos equipos infantís na Liga Provincial de HL, chegando a quedar de primeiros clasificados.
- Organización da Liga Provincial infantil-xuvenil na temporada 2004/05, anque só participaron o noso club e as Escolas Deportivas de Chantada, debido a que o resto dos clubes non tiñan nen@s suficientes.
- Participación en todas as edicións da antiga LIGA NOROESTE.
- Participación en todas as edicións da actual LIGA NORTE, levando na III EDICIÓN, temporada 2006/07, a súa coordinación.
- E aquí estamos e seguimos para participar e intentar mellorar... Súmate a nós.
Se es un neno ou unha nena, ven tamén... Nós deixámosche o noso material: proteccións, pau, etc . . . para que non te supoña gasto ata que ti decidas xa que queres seguir e mercar o material pola túa conta.