IV SEDE 1ª DIVISIÓN HÓCKEY LIÑA
Lugo, Pavillón Piringalla, 25/02/2012 (CARTEL clic aquí)
ANÍMATE!!: Nova tempada MAX PATINAXE, A PARTIR DO 13 DE XANEIRO DE 2012. TODOS OS VENRES DE BALDE. ABERTO PARA TODO O MUNDO!!
(pdf) Clic aquí
Horarios de actividades 2011-12
(pdf) horarios 2011-12
O noso club
Daquela, na orixe, uns andabamos a patinar cos nosos fillos ou fillas, outros viamos á xente patinar e tiñamos envexa por facelo, chegabamos á praia e nos paseos matítimos moitos patinaban, etc. . .

Aquí, en Lugo, había grupos que pretendían facer equipos de hóckey ou tamén de patinaxe agresiva, mais non había ningún club que se preocupara pola xente que pretendía só patinar, sen ter máis interese que ese, cumprir co seu desexo de toda a vida, esa débeda consigo mesm@ e así . . . naceu Lóstregos, no ano 2001.
O club Lóstregos, tal como se recolle nos nosos Estatutos, ábrese a todo o mundo, independientemente da súa idade, sexo ou modalidade de patinaxe. Eso é, Lóstregos naceu para cubrir aqueles desexos da xente que quería patinar pero non encaixaba en ningún dos grupos que estaban xa funcionando, a un nivel máis competitivo.
Así se fixeron grupos de nenos e nenas, de xoves, de homes e mulleres máis maduros, todos amigos, todos a patinar; a directiva, os socios, todo o mundo sobre rodas.
Aquela idea que tiñamos todos nun inicio, aquel esbozo que nos pareceu imposible, utópico, por fin chegou e plasmouse no noso club, un grupo de amig@s moi diverso que nos xuntamos para facer o que a maioría propoña: equipos de hóckey de nen@s, equipos de maiores, patinar pola rúa misturados, artístico, velocidade. . .
Quen propón as seccións? Ti mesm@, se tes interese en manter unha sección determinada para algunha das modalidades de patinaxe, non tes máis que buscar ese mesmo interese noutra xente e propoñerllo ó club. O club apoia as iniciativas de tod@s @s soci@s e fará as xestións oportunas para que se faga posible.
Invitámoste a coñecelo
O noso obxectivo non é gañar, o noso obxectivo é estar aquí, seguir a xuntar xente para patinar, en calquera das modalidades da patinaxe.
Necesitamos o voso apoio, a vosa idea, tod@s xuntos chegaremos a conseguir máis,
Agora que estás aquí NAVEGA POLA NOSA PÁXINA , mira as nosas seccións e, se ves algún espazo baleiro, éncheo!, non o dubides, é o teu... todos formamos Lóstregos, TI TAMÉN ,