Escolas Minicipais de Lugo

No ano 2001 asinamos un Convenio co Concello de Lugo, polo que se nos encargou a xestión das Escolas Municipais de Patinaxe.

Desde entón, o noso club ten unha atención especial por este encargo xa que é unha forma de proxección da nosa organización.

Nas Escolas Municipais os nenos e nenas aprenden nocións técnicas da patinaxe que logo aplicarán sen darse conta a travesos de xogos que os seus monitores proporán.

É un orgullo para o noso club que o Concello de Lugo confíe en nós para a xestión das súas escolas e tamén desde aquí lle mostramos o noso agradecemento.

Patinaxe na rúa

Hai tamén un grupo de Lóstregos que nos xuntamos para pasear pola rúa en patíns, esto é PATINA POLA RÚA. A idea do noso club sería facer rutas, segundo o nivel de patinaxe de cada grupo e facer unha rutina ata chegar a facer grupos importantes en número para promocionar a patinaxe tamén como medio de locomoción agradable e saudable.

Nesta liña están a traballar varios membros do noso club. Se queres ti tamén podes colaborar...

Anímate e ven!!